tag:blogger.com,1999:blog-26381600397317040822024-03-13T13:06:59.564-07:00Trail Monte PindoAsociación Monte Pindo Parque Naturalhttp://www.blogger.com/profile/15128998163620631356noreply@blogger.comBlogger5125tag:blogger.com,1999:blog-2638160039731704082.post-64042470481428425872015-06-15T02:49:00.002-07:002015-06-15T02:54:38.423-07:00280 herois logran conquistar o Trail máis duro de Galicia

Un dos puntos máis espectaculares do Trail

As condicións non poderían ser máis idóneas para facer xustiza ao recén estreado apelido do V Trail Monte Pindo: O "Trail máis duro de Galicia". A tarde do sábado ofreceu unha meteoroloxía tan cambiante e adversa que poucos podían esperar o que lles agardaba aló arriba, a 627 metros.

Se ben a tarde comezou cuberta mais apacíbel, segundo se ía gañando altura a paisaxe ía desaparecendo tupida por unha mesta néboa de choiva, no medio duns ventos por veces infernais e tamén o frío máis propio do inverno que dos prolegómenos do verán. Asi, á dureza da proba sumouse as adversidades engadidas polo tempo, cun chan moi esvaradizo sobre todo nos tramos que percorren por granito, fortísimos ventos que case obrigaron a impor o uso de cortaventos e choiva persistente durante os tramos máis escarpados.

Asi e todo, nada menos que 280 das 316 persoas inscritas lograron conquistar o V Trail Monte Pindo, 16 delas por debaixo dunhas incríbeis dúas horas e media. Nesta edición coroáronse como auténticos Reis do Monte Pindo (por este orde) o nicrariense Luis Calvo Castro, o nigranés Luis Martínez Comesaña e o dodrés Samuel Saborido Soñora, cunha chegada axustadísima a partir dos 02:10:44 e en menos de 30 segundos de diferencia.

Estes foron no 2015 os verdadeiros Reis do Monte Pindo

A proba contou cunha alta participación feminina, e a muller mellor clasificada foi a coruñesa Almudena Suárez Pazos, 58ª na xeral cun espectacular tempo de 2 horas e 50 minutos, sendo a primeira veterá a viguesa Margarita Beiro González. sendo o terceiro posto desa categoría para a ceense Belén Pérez Martínez, . O primeiro veterán masculino foi o redondelán César Santos Barciela, que conquistou nada menos que o oitavo posto da xeral. Dentro dos corredores locais, salientar a magnífica participación dos Praia de Carnota Runners, equipo amateur conformado por unha ducia de veciños do noso Concello e do entorno, que lograron situarse en torno ao posto cen e por debaixo das tres horas, tempos absolutamente brillantes tratándose da xa considerada proba raiña dos trails galegos e non sendo profesionais. O resto dos resultados pódense consultar aquí. Os premios a todos eles, obra do artesán local Nacho Porto, foron entregados en nome de GMTA José Moutinho, en nome de Monte Pindo Parque Natural Mario Maceiras e polo alcalde de Carnota Ramón Noceda, reelixido como tal esa mesma mañá.

Aspecto que ofrecía o control de dorsais na Laxe da Moa

A Asociación Monte Pindo Parque Natural, que organiza desde este ano a proba xunto a Galicia Máxica Trail Adventure, queremos agradecer a profesionalidade, seriedade e exemplo da nosa entidade compañeira na organización GMTA, da que aprendemos moitísimo para mellorar no futuro non só esta proba senón as nosas propias actividades; a colaboración do Concello de Carnota e de Augas de Mondariz; a disposición dos negocios locais que colaboraron (Sol e Mar, Pensión A Morada, Casa de Turismo Rural Xanela da Lúa, Panadería Parada, Covirán e outras que amosaron a súa vontade de colaborar no futuro); e, sobre todo, o incuestionábel compromiso do voluntariado que asumiu tarefas de control de dorsais, tomando fotos, no reparto de víveres nos avituallamentos, no control de cruces e nas tarefas de coordinación, loxística e seguridade..., contribuíndo a que unha proba tan complicada se desenvolvera con éxito e sen ningún incidente que reseñar, nun día no que permanecer quedo durante horas nun punto determinado do Monte Pindo parece máis ben a última opción que calquera persoa nos seus cabais elixiría.

Por último, a moi nomeadamente, queremos agradecer a espectacular resposta de corredores e familiares á nosa chamada para conquistar o Olimpo Celta, pois eles son os verdadeiros herois do día, e non podemos finalizar sen dirixir unha mención moi especial ás 36 persoas que non lograron completar a proba. Algunhas por teren sufrido pequenas lesións, outras por non ter podido acabar; na próxima edición de seguro non se lles resistirá.

En nome do conxunto desta humilde entidade veciñal que nunca soñou sequera con poder participar en algo tan grande, grazas a todas e todos!Asociación Monte Pindo Parque Naturalhttp://www.blogger.com/profile/15128998163620631356noreply@blogger.com5tag:blogger.com,1999:blog-2638160039731704082.post-22693533823739679672015-05-20T12:40:00.000-07:002015-05-27T12:16:29.904-07:00Presentamos o Trail máis duro de Galicia

Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA) e Asociación Monte Pindo compracémonos en presentar o V Trail Monte Pindo, que se celebrará o 13 de xuño de 2015 e que en adiante levará o subtítulo "O Trail máis duro de Galicia". Cando vexades o percorrido que vos temos preparado entenderedes por que.

A flamante alianza das organizacións deportiva e veciñal, froito dun convenio asinado en decembro, trouxo bastantes cambios a unha proba que xa se tiña gañado un ben merecido nome no circuito do trail galego. Cambiamos moitas cousas, algunhas que esperamos que non notedes, e outras que esperamos que si.

Percorrido ampliado e mellorado

Cartel do V Trail Monte Pindo

A primeira serie de cambios son de percorrido. A saída e a meta volverán á estar na praza da Solaina, en pleno corazón do Pindo antigo. Queremos que vexades moito máis Monte Pindo polo percorrido será duns 23,5km. E non vos preocupedes, seguiredes tendo pendentes de ata un 30% e as esixentes baixadas que vos retaron en edicións anteriores. Pisaredes moitísimo menos asfalto, xa que supoñemos que non vides a Carnota a esquivar coches. Tamén procuramos que pasedes por cerca de monumentos naturais e accidentes xeográficos que vos deixarán pampos (agardamos que os segundiños que vos fagan perder non empeoren demasiado os vosos tempos). Introducimos algúns retoques no percorrido que nos axudarán a percorrer máis camiños tradicionais á vez que evitamos a monotonía e a rutina de quen xa teña participado. Ademais, e isto é importante, queremos que o Trail nos sirva para recuperar os camiños tradicionais que estan quedando abandonados, e non hai nada mellor para eso que dalos a coñecer e percorrelos.

Melloras loxísticas

A segunda serie de cambios será no aspecto loxístico e técnico. Melloramos algúns aspectos da organización que esperamos que non notedes salvo para ben. As instalacións dos postos de control e de avituallamento estarán mellor dotados e interconectados mediante radioemisoras, pois queremos saber en todo o momento que aló arriba todo está ben. Tamén imos promocionalo moito máis que ata agora, pois xa que o Olimpo Celta acolle o Trail máis duro de Galicia, que menos que a xente o saiba. Tamén queremos que a xente da zona se implique máis, pois unha práctica deportiva de alto nivel no noso Concello benefícia a todo o mundo.

Máis beneficios para todos

En terceiro lugar e non menos importante, queremos ampliar a experiencia dos participantes, que ata agora chegaban, corrían e marchaban. Este ano e por primeira vez a organización negociou cos aloxamentos da zona un prezo exclusivo de 25 euros por habitación e noite para os participantes do V Trail Monte Pindo, para asi lograr que permanezan un día máis no Concello a disfrutar das praias, o patrimonio, a gastronomía ou simplemente tomar algo na zona sen os apuros do día da proba. Con isto pretendemos que o Trail Monte Pindo beneficie máis aínda a todo o pobo que traballa cada ano para ter unha paisaxe tan bonita e coidada.

Non hai excusas para non enfrontar o reto que nos agarda no Monte Pindo este sábado 13 de xuño con saída prevista ás 17:30h. As inscricións xa están abertas, e centos de deportistas están xa a prepararse en toda Galicia para tratar de atravesar a meta da Solaina pulverizando as súas marcas personais, e quen sabe se tamén as colectivas. Pois diso mesmo, de superarse a un mesmo nun entorno natural incomparable e nun ambiente fraternal, vai o Trail Monte Pindo que vos presentamos hoxe aqui e na flamante web trail.montepindo.gal.

V Trail Monte Pindo: O Trail máis duro de Galicia. Prepárate!

Asociación Monte Pindo Parque Naturalhttp://www.blogger.com/profile/15128998163620631356noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-2638160039731704082.post-1445965372193829842015-05-20T12:23:00.000-07:002015-05-27T12:16:09.687-07:00Coñece o teu inimigo para conquistalo

Información técnica

Roteiro: Circular

Distancia total: 23,5 km

Tempo total estimado: 3 horas 35 minutos

Altitude mínima: 0 m

Altitude máxima: 622 m

Ascenso acumulado: 1.600 m

Descenso acumulado: 1.600 m

Desnivel máximo: 620 m

Máxima pendente: 30%

Dificultade: Moi difícil

Mapa interactivo

Asociación Monte Pindo Parque Naturalhttp://www.blogger.com/profile/15128998163620631356noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-2638160039731704082.post-91527466704675366002015-05-19T19:16:00.000-07:002015-05-27T12:15:58.313-07:00Programa, normas e inscricións

Programa 2015

12-14h: Entrega de dorsais na zona de Saída e Meta

15-17h: Entrega de dorsais na zona de Saída e Meta

17:00h: Control de firmas na zona de Saída e Meta

17:20h: Charla técnica na zona de Saída e Meta

17:30h: Saída do V Trail Monte Pindo

Ás 3 horas: Tempo de corte no 2º avituallamento (O Fieiro)

Zona de Saída e Meta

Praza da Solaina. O Pindo (Carnota). A Coruña.

Coordenadas 42°53'48.7"N-9°08'02.9"O (Gmaps)

Inscricións

Do 17 de maio ao 7 de xuño en Championchip Norte. Cota por participante: 20€.

Servizos aos participantes

A organización entregará dorsais personalizados. Non se entregará ningún elemento de suxeición.

Haberá 3 avituallamentos:

Km 4'7 (líquidos)

Km 11'5 (sólidos)

Km 18'5 (líquidos)

Haberá avituallamento final en meta.

A organización disporá de radioemisoras en cada posto para notificar calquera incidencia.

Haberá aseos e duchas de auga quente a disposición das persoas participantes.

Ofrecemos ás persoas participantes no V Trail Monte Pindo pernoctar en locais da zona, tanto a noite do venres como sábado, por un prezo exclusivo de 25€ por noite e habitación. Máis información.

Respecto escrupuloso ao medio ambiente

A proba transcorre nun espazo natural protexido que aspira a converterse moi pronto no 1º parque natural da Costa da Morte, polo que se esixe o estricto cumprimento destas premisas:

Non se pode portar botellas de agua de plástico na man. Recoméndase a hidratación mediante cinto ou mochila tipo camelback; no seu defecto é obrigatorio levar vaso propio ou similar.

Prohíbese ciscar envoltorios, papeis ou obxectos de calquera tipo, nin sequera nos postos de avituallamento.

Non se saír dos camiños marcados e adentrarse en zonas non marcadas

Non alterar o entorno de ningún xeito, nin arrincar prantas, mover pedras, recoller cunchas...

A organización vela minuciosamente polo cumprimento destas normas polo que unha infracción conlevará a descalificación inmediata.

Asociación Monte Pindo Parque Naturalhttp://www.blogger.com/profile/15128998163620631356noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-2638160039731704082.post-21906223575220881312015-05-19T12:48:00.000-07:002015-05-27T12:15:35.914-07:00Amplía a túa experiencia un día

Non queremos que veñas a Carnota só a correr o Trail Monte Pindo. Por iso, este ano, pedímosche que amplíes a túa experiencia quedando con nós un día máis. Aínda nin te imaxinas o que poderías perderte.

Sabías que Carnota é o segundo concello costeiro galego con máis superficie protexida?

O Concello de Carnota conta cun marabilloso patrimonio natural e histórico recoñecido no mundo enteiro. A sociedade local sábeo e traballa durante todo o ano para que este paraíso natural se conserve para as xeracións vindeiras e por suposto xere progreso e benestar para as presentes.

Queremos que durante a túa estancia no Trail teñas tempo para visitar todo ese patrimonio. Queremos que coñezas o único río de Europa que desemboca no mar en fervenza. Queremos que fagas unha visita máis relaxada ao Monte Pindo, o Olimpo Celta dos nosos antergos, pois cando non o cruzas correndo senon paseniño as pedras comezan a adoptar formas recoñecibles. Queremos que percorras a nosa paisaxe mariñeira cos seus peiraos naturais, casetas mariñeiras e vellas conserveiras, ou a nosa paisaxe agrícola inzada de muíños e fontes.

Queremos que des un paseo pola praia máis longa de Galicia. Queremos que cabalgues sobre as ondas dun dos máis privilexiados entornos no mundo para a práctica do windsurf e do kitesurf. Queremos que disfrutes un merecido descanso relaxándote nunha das nosas praias virxes; temos tantas que perdemos a conta, e algunhas tan inmensas que podes cadrar co teu peor inimigo na mesma e nunca chegar a vervos. Palabra.

Queremos que se aínda tes gañas de andar percorras a Senda Verde entre o Ancoradoiro e Louredo (e se queres, faino en bicicleta), pois de camiño atoparás o Museo Aberto de Carnota, co seu Castro de Mallou, a Torre dos Mouros en Lira e un dos conxuntos de petroglifos máis impresionante do sur de Europa, todo recentemente recuperado polas mans de expertos coa axuda do voluntariado. Tamén queremos que coñezas os dous hórreos que compiten entre si por ser os máis grandes do mundo, un en Lira e outro en Carnota... e ver se te atreves a resolver por ti mesmo unha polémica que dura séculos!

Queremos que disfrutes do bo xantar e da mellor colleita do noso Mar e da nosa Terra, servidos por mans mestras que levan décadas obrando verdadeira maxia gastronómica en cada prato. Queremos que pares a tomar un refresco nos fantásticos establecementos da zona, e que disfrutes das mornas e divertidas noites de verán de Carnota tomando unha copa.

Queremos que descubras toda a artesanía que atesoura un concello que acolle algúns dos mellores artesáns de Galicia nas súas diferentes disciplinas. Queremos que te perdas no comercio local e descubras todo o que pode ofrecer. Queremos que probes un pan recén forneado. Ou que merques mel ou tomates de produción ecolóxica.

En definitiva, convidámoste a ampliar a túa experiencia no Trail Monte Pindo cando menos un día máis, pois aínda que non o creas, todo o anterior pódelo facer nunha soa fin de semana, o que non está nada mal despois de rematar o Trail máis duro de Galicia, verdade? Prometémosche que a experiencia non che defraudará.

Que me ofrecedes?

A organización quere facilitar o máximo posíbel a túa pernocta en Carnota e negociamos por ti un prezo exclusivo de 25€ pola habitación dobre para todas as persoas participantes do V Trail Monte Pindo só por identificarte como tal no momento de facer a túa reserva telefónica. As datas a elixir son a noite do venres 12 de xuño e/ou a noite do sábado 13 de xuño.

Establecementos participantes:

Pensión A Morada (O Pindo). Fai a túa reserva no 981 76 48 70.

Casa de Turismo Rural Xanela da Lúa (Lira). Fai a túa reserva no 617 48 51 82.

Pensión Sol e Mar (O Pindo). Fai a túa reserva no 981 76 02 98.

Oferta limitada ata o límite de habitacións dispoñibles. O prezo único de 25€ cubre a pernocta nunha habitación dobre por día e non sufraga ningún servizo engadido coma por exemplo camas supletorias, berces, xantar e almorzo, etc... que correrán por conta da persoa aloxada e dependerán en todo caso da vontade da xerencia dos locais.Asociación Monte Pindo Parque Naturalhttp://www.blogger.com/profile/15128998163620631356noreply@blogger.com0