Programa 2015
- 12-14h: Entrega de dorsais na zona de Saída e Meta
- 15-17h: Entrega de dorsais na zona de Saída e Meta
- 17:00h: Control de firmas na zona de Saída e Meta
- 17:20h: Charla técnica na zona de Saída e Meta
- 17:30h: Saída do V Trail Monte Pindo
- Ás 3 horas: Tempo de corte no 2º avituallamento (O Fieiro)
Zona de Saída e Meta
Praza da Solaina. O Pindo (Carnota). A Coruña.
Coordenadas 42°53'48.7"N-9°08'02.9"O (Gmaps)
Inscricións
Servizos aos participantes
- A organización entregará dorsais personalizados. Non se entregará ningún elemento de suxeición.
- Haberá 3 avituallamentos:
- Km 4'7 (líquidos)
- Km 11'5 (sólidos)
- Km 18'5 (líquidos)
- Haberá avituallamento final en meta.
- A organización disporá de radioemisoras en cada posto para notificar calquera incidencia.
- Haberá aseos e duchas de auga quente a disposición das persoas participantes.
- Ofrecemos ás persoas participantes no V Trail Monte Pindo pernoctar en locais da zona, tanto a noite do venres como sábado, por un prezo exclusivo de 25€ por noite e habitación. Máis información.
Respecto escrupuloso ao medio ambiente
A proba transcorre nun espazo natural protexido que aspira a converterse moi pronto no 1º parque natural da Costa da Morte, polo que se esixe o estricto cumprimento destas premisas:
- Non se pode portar botellas de agua de plástico na man. Recoméndase a hidratación mediante cinto ou mochila tipo camelback; no seu defecto é obrigatorio levar vaso propio ou similar.
- Prohíbese ciscar envoltorios, papeis ou obxectos de calquera tipo, nin sequera nos postos de avituallamento.
- Non se saír dos camiños marcados e adentrarse en zonas non marcadas
- Non alterar o entorno de ningún xeito, nin arrincar prantas, mover pedras, recoller cunchas...
A organización vela minuciosamente polo cumprimento destas normas polo que unha infracción conlevará a descalificación inmediata.
0 comentarios :
Publicar un comentario