Galicia Máxica Trail Adventure (GMTA) e Asociación Monte Pindo compracémonos en presentar o V Trail Monte Pindo, que se celebrará o 13 de xuño de 2015 e que en adiante levará o subtítulo "O Trail máis duro de Galicia". Cando vexades o percorrido que vos temos preparado entenderedes por que.
A flamante alianza das organizacións deportiva e veciñal, froito dun convenio asinado en decembro, trouxo bastantes cambios a unha proba que xa se tiña gañado un ben merecido nome no circuito do trail galego. Cambiamos moitas cousas, algunhas que esperamos que non notedes, e outras que esperamos que si.
Percorrido ampliado e mellorado
Cartel do V Trail Monte Pindo |
Melloras loxísticas
A segunda serie de cambios será no aspecto loxístico e técnico. Melloramos algúns aspectos da organización que esperamos que non notedes salvo para ben. As instalacións dos postos de control e de avituallamento estarán mellor dotados e interconectados mediante radioemisoras, pois queremos saber en todo o momento que aló arriba todo está ben. Tamén imos promocionalo moito máis que ata agora, pois xa que o Olimpo Celta acolle o Trail máis duro de Galicia, que menos que a xente o saiba. Tamén queremos que a xente da zona se implique máis, pois unha práctica deportiva de alto nivel no noso Concello benefícia a todo o mundo.Máis beneficios para todos
En terceiro lugar e non menos importante, queremos ampliar a experiencia dos participantes, que ata agora chegaban, corrían e marchaban. Este ano e por primeira vez a organización negociou cos aloxamentos da zona un prezo exclusivo de 25 euros por habitación e noite para os participantes do V Trail Monte Pindo, para asi lograr que permanezan un día máis no Concello a disfrutar das praias, o patrimonio, a gastronomía ou simplemente tomar algo na zona sen os apuros do día da proba. Con isto pretendemos que o Trail Monte Pindo beneficie máis aínda a todo o pobo que traballa cada ano para ter unha paisaxe tan bonita e coidada.Non hai excusas para non enfrontar o reto que nos agarda no Monte Pindo este sábado 13 de xuño con saída prevista ás 17:30h. As inscricións xa están abertas, e centos de deportistas están xa a prepararse en toda Galicia para tratar de atravesar a meta da Solaina pulverizando as súas marcas personais, e quen sabe se tamén as colectivas. Pois diso mesmo, de superarse a un mesmo nun entorno natural incomparable e nun ambiente fraternal, vai o Trail Monte Pindo que vos presentamos hoxe aqui e na flamante web trail.montepindo.gal.
Excellent blog here! Also your web site loads up very fast!
ResponderEliminarWhat web host are you using? Can I get your affiliate link to your host?
I wish my website loaded up as quickly as yours lol
토토사이트
온라인경마