280 herois logran conquistar o Trail máis duro de Galicia

Un dos puntos máis espectaculares do Trail

As condicións non poderían ser máis idóneas para facer xustiza ao recén estreado apelido do V Trail Monte Pindo: O "Trail máis duro de Galicia". A tarde do sábado ofreceu unha meteoroloxía tan cambiante e adversa que poucos podían esperar o que lles agardaba aló arriba, a 627 metros.

Se ben a tarde comezou cuberta mais apacíbel, segundo se ía gañando altura a paisaxe ía desaparecendo tupida por unha mesta néboa de choiva, no medio duns ventos por veces infernais e tamén o frío máis propio do inverno que dos prolegómenos do verán. Asi, á dureza da proba sumouse as adversidades engadidas polo tempo, cun chan moi esvaradizo sobre todo nos tramos que percorren por granito, fortísimos ventos que case obrigaron a impor o uso de cortaventos e choiva persistente durante os tramos máis escarpados.

Asi e todo, nada menos que 280 das 316 persoas inscritas lograron conquistar o V Trail Monte Pindo, 16 delas por debaixo dunhas incríbeis dúas horas e media. Nesta edición coroáronse como auténticos Reis do Monte Pindo (por este orde) o nicrariense Luis Calvo Castro, o nigranés Luis Martínez Comesaña e o dodrés Samuel Saborido Soñora, cunha chegada axustadísima a partir dos 02:10:44 e en menos de 30 segundos de diferencia.

Estes foron no 2015 os verdadeiros Reis do Monte Pindo
A proba contou cunha alta participación feminina, e a muller mellor clasificada foi a coruñesa Almudena Suárez Pazos, 58ª na xeral cun espectacular tempo de 2 horas e 50 minutos, sendo a primeira veterá a viguesa Margarita Beiro González. sendo o terceiro posto desa categoría para a ceense Belén Pérez Martínez, . O primeiro veterán masculino foi o redondelán César Santos Barciela, que conquistou nada menos que o oitavo posto da xeral. Dentro dos corredores locais, salientar a magnífica participación dos Praia de Carnota Runners, equipo amateur conformado por unha ducia de veciños do noso Concello e do entorno, que lograron situarse en torno ao posto cen e por debaixo das tres horas, tempos absolutamente brillantes tratándose da xa considerada proba raiña dos trails galegos e non sendo profesionais. O resto dos resultados pódense consultar aquí. Os premios a todos eles, obra do artesán local Nacho Porto, foron entregados en nome de GMTA José Moutinho, en nome de Monte Pindo Parque Natural Mario Maceiras e polo alcalde de Carnota Ramón Noceda, reelixido como tal esa mesma mañá.

Aspecto que ofrecía o control de dorsais na Laxe da Moa
Asociación Monte Pindo Parque Natural, que organiza desde este ano a proba xunto a Galicia Máxica Trail Adventure, queremos agradecer a profesionalidade, seriedade e exemplo da nosa entidade compañeira na organización GMTA, da que aprendemos moitísimo para mellorar no futuro non só esta proba senón as nosas propias actividades; a colaboración do Concello de Carnota e de Augas de Mondariz; a disposición dos negocios locais que colaboraron (Sol e Mar, Pensión A Morada, Casa de Turismo Rural Xanela da Lúa, Panadería Parada, Covirán e outras que amosaron a súa vontade de colaborar no futuro); e, sobre todo, o incuestionábel compromiso do voluntariado que asumiu tarefas de control de dorsais, tomando fotos, no reparto de víveres nos avituallamentos, no control de cruces e nas tarefas de coordinación, loxística e seguridade..., contribuíndo a que unha proba tan complicada se desenvolvera con éxito e sen ningún incidente que reseñar, nun día no que permanecer quedo durante horas nun punto determinado do Monte Pindo parece máis ben a última opción que calquera persoa nos seus cabais elixiría.

Por último, a moi nomeadamente, queremos agradecer a espectacular resposta de corredores e familiares á nosa chamada para conquistar o Olimpo Celta, pois eles son os verdadeiros herois do día, e non podemos finalizar sen dirixir unha mención moi especial ás 36 persoas que non lograron completar a proba. Algunhas por teren sufrido pequenas lesións, outras por non ter podido acabar; na próxima edición de seguro non se lles resistirá.

En nome do conxunto desta humilde entidade veciñal que nunca soñou sequera con poder participar en algo tan grande, grazas a todas e todos!
Comparte en Google Plus
    Blogger Comment
    Facebook Comment

5 comentarios :

  1. edc titanium - Titanium-arts
    Edc titanium nipple jewelry titanium tittanium blue titanium dei titanium exhaust wrap ....................................................................................................................................................................... solo titanium razor

    ResponderEliminar
  2. You are so awesome! I don’t think I’ve read through anything
    like that before.
    메이저사이트
    경마

    ResponderEliminar
  3. So nice to find somebody with unique
    thoughts on this subject. Really.. many thanks
    for starting this up.
    바카라사이트
    사설토토

    ResponderEliminar
  4. This website is one thing that is
    needed on the internet, someone with a bit of originality!
    majortotositecom
    racesitepro
    oncasinositenet
    totopickpro

    ResponderEliminar